Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

domingo, 2 de marzo de 2014

AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR EN GALICIA

Aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Formación Profesional poden  acceder, mediante proba, as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos 19 anos ou os cumpran no ano da realización da proba. 
Para o acceso a ciclos superiores resérvase o 20% das prazas para os alumnos que acceden mediante proba, e terase en conta a nota media acadada.
Debes saber que a proba de acceso a ciclos superiores non é común , como a  de ciclos medios, senón que  examinaraste dunhas materias ou outras en función do ciclo ao que desexes acceder.

A proba consta de dúas partes:

Parte común: Consta de tres exames de materias de 2º de Bacharelato.

  • Lingua Galega.
  • Lingua Castelá.
  • Matemáticas.
Parte específica: organízase en tres opcións A, B e C, en función do ciclo superior ao que desexes acceder, e dentro da opción elixida escolleranse dúas materias.

  • Opción A: Economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
  • Opción B: Debuxo Técnico, tecnoloxìa industrial e física.
  • Opción C: Ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
No caso de superar só unha parte da proba, consérvase a nota da parte superada durante dous anos consecutivos.

Pódese solicitar exención da proba completa ou dalgunha  parte da proba segundo o que se especifica neste cadro:

Igual que na proba de acceso a ciclos de grao medio, para presentarte a esta proba terás que cubrir un impreso de inscrición, e entregalo nun centro que imparte FP, xunto coa copia do DNI e documentación xustificativa no caso de solicitar a exención dalgunha parte da proba.  Tamén se pode realizar a solicitude via web. 

As familias profesionais ás que podes acceder segundo a opción da proba pola que te presentes a, b ou c, son as seguintes:

Distribución das prazas dos ciclos:
  • O 80% das prazas dos ciclos resérvanse para os que solicitan acceso directo.
  • O 20% resérvase para os que acceden mediante proba.
  • Dentro de cada porcentaxe resérvase un 10% para os estudantes que teñan recoñecida unha discapacidade.
  • En tódolos ciclos haberá un 3% adicional de prazas reservadas para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego de alto nivel.
  • Quen cumpra simultáneamente os requisitos de acceso directo e os de acceso mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. De o facer, excluirase do proceso de admisión.
Novidades na proba a partir de 2016:

As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos (enlace)

MÁIS INFORMACIÓN:
MATERIAS PARA PREPARAR A PROBA:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...