Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

sábado, 7 de octubre de 2017

Axudas para iniciar estudos universitarios en Galicia 2017


Resultado de imagen de sistema universitario de galicia

A Consellería de Educación publica a convocatoria de axudas destinadas a financiar os gastos de matrícula universitaria do alumnado que inicie estudos universitarios de grao no curso 2017/18 no Sistema universitario de Galicia.



Estas bolsas están pensadas para axudar económicamente ó alumnado que non puido solicitar a beca xeral do MEC de inicio de estudos universitarios por non cumplir os requisitos académicos (ter obtido unha nota media mínima de 5´5 puntos nos estudos de acceso). 



REQUISITOS:


a) Acreditar unha cualificación na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso, cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a cualificación da parte voluntaria. 

b) Posuír a nacionalidade española, ou doutro país da Unión Europea ou de terceiros países, cando se acredite a condición de residente en España, quedando excluídos os que se atopen en situación de estadía. 

c) Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2017/18 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao. 

d) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os que solicita a axuda.

e) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 12 do Decreto 65/2017, do 6 de xullo (DOG núm. 134, do 14 de xullo), polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/18. 

f) Que a renda da unidade familiar sexa como máximo:

– Familias de 1 membro: 14.112,00 euros. 
– Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.
– Familias de 3 membros: 32.697,00 euros. 
– Familias de 4 membros: 38.831,00 euros. 
– Familias de 5 membros: 43.402,00 euros. 
– Familias de 6 membros:46.853,00 euros. 
– Familias de 7 membros: 50.267,00 euros. 
– Familias de 8 membros: 53.665,00 euros. 

A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia. 

g) Non ter recibido esta axuda en convocatorias anteriores.

SOLICITUDES:
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441C (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de  Galicia, https://sede.xunta.gal, ao ter as persoas incluídas no ámbito subxectivo as competencias técnicas e dispoñibilidade de acceso aos medios electrónicos necesarios para formalizar as solicitudes.
  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PRAZO DE SOLICITUDE: Un mes a contar desde o día da publicación da convocatoria.  Ata o 5 de novembro. 

PRAZO PARA RESOLVER: 5 meses.

CONVOCATORIA: 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...