Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 1 de septiembre de 2017

Admisión en FP Básica en Galicia 2017/2018


CALENDARIO DE ACCESO E ADMISIÓN:
  • Presentación de solicitudes: Do 1 ao 12 de setembro de 2017 ata as 13´00h.
  • Entrega do consentimento dos pais de incorporación a FP Básica no centro de orixe (anexo IV):  antes do 9 de setembro.  (De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica.)
  • Publicación da listaxe de admitidos: 13 de setembro
  • Prazo de reclamación contra as listaxes ante a dirección do centro: Dous días hábiles dende a publicación da listaxe de admitidos (14 e 15 de setembro).
  • Matrícula: Entre o 13 e o 20 de setembro.

O alumnado repetidor de primeiro curso ou que teña promoción a segundo presentará a solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso previo. O prazo para a presentación desta solicitude e o prazo para formalizar a matrícula son os referidos con anterioridade.

REQUISITOS:

Cumprir simultáneamente os seguintes requisitos:
a) Facer 15, 16 ou 17 anos no ano de inicio do ciclo formativo. 
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso. 
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica. 
d) Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.


De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

O alumno ou a alumna  deberá presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, segundo o modelo do anexo I, na secretaría do centro en que pretendan ser admitidos/as en primeira opción, e xuntaráselle a seguinte documentación: 

a) Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no Sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
b) Comunicación de incorporación á formación profesional básica (anexo IV) no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos.
c) Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade e se se dá algunha das seguintes situacións:
1º. Non autorizar a consulta dos datos relativos ao certificado de discapacidade en poder da Administración autonómica de Galicia.
2º. Se o órgano competente para emitir o certificado de discapacidade non pertence á Administración autonómica de Galicia. 


A solicitude deberá ser asinada pola persoa solicitante. Se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o que o centro educativo a cotexe. 

A persoa interesada terá dereito a que o centro lle expida copia ou xustificante, con data e selo, acreditativa da presentación da solicitude. 

No caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, de xeito que nun centro se impartan os módulos asociados a unidades de competencia e o resto dos módulos noutro centro, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.


PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

Para realizar a proposta de incorporación dun alumno ou dunha alumna a un ciclo formativo de formación profesional básica seguirase o procedemento seguinte:

Reunión do equipo docente para decidir a proposta de alumnado susceptible de cursar unha FP Básica. Celebrarase na última sesión de avaliación e a proposta será asinada por todo o equipo docente e o orientador/a.

Elaboración por duplicado do Consello Orientador por parte do titor conforme ao anexo II, asinado polo titor/a, o orientador/a e o Director/a.

Comunicación por parte do Director/a aos pais da proposta, entregaralles un exemplar do consello orientador e o anexo III (Consentimento dos pais de incorporación do alumno).

O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera dos/as titulares da patria potestade ou representantes legais antes do 9 de setembro.  No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.

4º  No caso de que o pai, a nai ou os/as titores/as legais do alumno ou da alumna dean o consentimento para o/a incorporar a estas ensinanzas, a dirección do centro educativo entregaralles por duplicado o documento de comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o modelo do anexo IV. Un dos exemplares deberá ser entregado no centro onde o alumno ou a alumna soliciten a súa admisión.

Un exemplar do consello orientador e, de ser o caso, do documento de consentimento incluiranse no expediente académico.


CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:

Nº de prazas por ciclo: 20, das cales 2 serán reservadas para o alumnos que teñan recoñecida unha discapacidade.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade: 

a) Alumnado que cursase 2º de ESO. 
b) Alumnado que cursase 3º de ESO. 
c) Alumnado que cursase 4º de ESO. 

Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade. 

En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación. 

Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos:

Resultado do sorteo 2017:
  • Letras primeiro apelido: ¨I¨ e ¨I¨  (I de Italia)
  • Letras segundo apelido: ¨Ñ¨ e ¨X¨

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...