Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

sábado, 10 de junio de 2017

Instrucións de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño 2017

Imagen de Pixabay

Publicouse a Resolución do 30 de maio de 2017 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos medios e superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2017/2018 en Galicia. 

INSCRICIÓN NAS PROBAS:
⇒As datas para a solicitude de admisión e inscrición nas probas específicas de acceso e de madureza: 
  • CICLOS MEDIOS: Do 12 de xuño ó 20 de xullo.
  • CICLOS SUPERIORES: Do 12 de xuño ó 21 de xullo.
⇒As datas e horarios das probas: 
  • CICLOS MEDIOS: A proba de madureza será o 5 de setembro. A proba específica o 11 de setembro de 2017.
  • CICLOS SUPERIORES: A proba de madureza será o 29 de xuño. A proba específica o 7 de xullo de 2017, para toddas as familias profesionais. 
⇒Para a formalización das solicitudes de admisión, as escolas de arte e superiores de deseño onde se impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coa documentación que proceda.

REQUISITOS DE ADMISIÓN NOS CICLOS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO:

ACCESO POR PROBA ESPECÍFICA: 

CICLOS MEDIOS:
a) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos e superar unha proba específica.
b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezasete anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
  • Pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. • Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas. 
  • Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 
  • Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores. 

CICLOS SUPERIORES:
a) Estar en posesión do título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e superar a correspondente proba específica.
b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter dezanove anos, ou dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da presente resolución, ademais da correspondente proba específica. Tanto nun coma no outro caso, a idade mínima establecida deberá facerse dentro do ano natural de realización da proba.
c) A proba de madureza poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
  • Pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
  • Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.
  • Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 
  • Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores. 
d) As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou da ESO poderán presentarse á proba de acceso, ben que no momento de formalizar a matrí­cula no prazo extraordinario, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada se houbese vacantes.

ACCESO DIRECTO:

ESTARÁ EXENTO DE REALIZAR A PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO A CICLOS MEDIOS:
a) Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo formativo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.
b) Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos.

ESTARÁ EXENTO DE REALIZAR A PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES:
a) Quen estea en posesión dun título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.

ESTARÁ EXENTO DE REALIZAR A PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES:
a) Quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
  • Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental. 
  • Título superior de artes plásticas ou título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura en belas artes.
  • Arquitectura.
  • Enxeñaría técnica en deseño industrial.
b) Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación: Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.

HORARIO DAS PROBAS: 

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE CICLOS MEDIOS: 
Proba de madureza: 5 de setembro de 2017. 
1ª parte: 10.00-13.00 h. 
2ª parte: 16.30-19.30 h. 
Proba específica: 11 de setembro 2017. 
1º exercicio: 10.00-11.00 h. 
2º exercicio: 12.00-14.00 h. 
3º exercicio: 17.00-19.00 h.

As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen.

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE CICLOS SUPERIORES: 
Proba de madureza: 29 de xuño de 2017. 
1ª parte: 10.00-13.00 h. 
2ª parte: 17.00-18.00 h. 
Proba específica: 7 de xullo de 2017. 
1º exercicio: 10.00-11.00 h. 
2º exercicio: 12.00-14.00 h. 
3º exercicio: 17.00-19.00 h.

As probas realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. 

MATRÍCULA NOS CICLOS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO:
  • CICLOS MEDIOS: Do 19 ao 20 de setembro, ambos os dous inclusive.
  • CICLOS SUPERIORES: Do 18 ao 26 de xullo, ambos os dous inclusive.
Establécese un prazo extraordinario de matrícula do 8 ao 14 de setembro, ambos os dous incluídos, co obxecto de que os aspirantes que tivesen pendente de superar algunha das materias de bacharelato ou da ESO poidan acreditar a súa superación, no momento de formalizar a matrícula, e para a formalización da matrícula daqueles aspirantes en listaxe de espera ás cales se lles asigne praza.

MÁIS INFORMACIÓN:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...