Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

lunes, 12 de junio de 2017

As "novas" condicións de titulación na ESO en Galicia

Imagen de Pixabay

Hai uns días o Ministerio de Educación publicou o Real Decreto 562/2017 do 2 de xuño, coas novas e transitorias condicións para titular na ESO e no Bacharelato, ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación. ENLACE.

Tralo novo marco normativo a Consellería publica a Resolución do 9 de xuño coas Instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, e ademáis publica na mesma resolución un modelo de Consello Orientador da ESO.



ESTES SON OS NOVOS CRITERIOS EN GALICIA:

Para titular na ESO requírese:
  • A superación de todas as materias de ESO ou a avaliación negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultáneamente unha lingua cooficial e matemáticas:
             LINGUA CASTELÁ E LITERATURA + MATEMÁTICAS
             LINGUA GALEGA E LITERATURA + MATEMÁTICAS
  • As materias coa mesma denominación en diferentes cursos considéranse como materias distintas. 
  • Sen prexuício do anterior, para obter o título será necesario que o equipo docente considere que o alumno ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes. 
Os alumnos de FP Básica poderán acadar o título de ESO se superan os módulos asociados ós bloques comúns e se o equipo de profesores considera que ten acadados os obxectivos e as competencias da ESO. 

Nota media de ESO:
  • A nota media de ESO calcúlase realizando a media de todas as materias con dous decimais, redondeando á centésima máis próxima. 
  • No caso dos alumnos que proceden de PMAR na nota media final non se terán en conta as materias pendentes non superadas antes de acceder ó programa se as materia están incluídas nalgùn dos ámbitos e superase ditos ámbitos. 
  • No caso de FP Básica a media do título de ESO será a nota media dos módulos asociados ós bloques comúns. 
  • Que acade unha media de 9 como mínimo, despois de facer a media, poderá obter a distinción de Matrícula de Honra. 
  • O título de ESO permitirá acceder a calquera ensinanza independientemente do itinerario cursado en 4º. 

Consello orientador: 
Ó remate de cada curso de ESO emitiráselles ós pais un consello orientador co itinerario máis adecuado a seguir, que formará parte do seu expediente. 

Enlaces:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...