Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

lunes, 14 de mayo de 2018

Convocadas axudas económicas FCT 2018

Publicada a Orde  do 24 de abril de 2018 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.



REQUISITOS:
  1. Estar matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma ou ensinanzas concertadas coa Conselleria de Educación, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de Formación Profesional, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e Programas Formativos.
  2. Rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2018.
As solicitudes e os seus anexos preséntanse no centro educativo e establécense DOUS PRAZOS: 

1. O primeiro prazo: trinta e un (31) días naturais contados a partir do 15 de maio de 2018, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2017-marzo 2018, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2018. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2017.
O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2018 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo: será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2018 para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2018. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2018. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro de 2018 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

REMUNERACIÓN: 

a) Alumnado que realice a FCT dentro do territorio español: 
1) En Galicia: Ata un máximo de 186 € 
2) Fóra de Galicia: Percibirán unha cantidade fixa de 200 €.

b) Alumnado que realice a FCT fóra do territorio español: 


1) Unión Europea:

2) Non integrados na Unión Europea:

DOCUMENTACIÓN:
  • Solicitude normalizada segundo o anexo I desta orde.
  • Declaración do enderezo de residencia durante o período de realización da FCT, segundo o anexo II desta orde.
  • Fotocopia do DNI en caso de non dar consentimento para a comprobación de datos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...