Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 7 de abril de 2017

Convocatoria Idiomas no Mundo


O Concello da Coruña presenta o programa Idiomas no Mundo, que ten por obxeto ofrecer a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o verán de 2017 en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.

Hai dous tipos de bolsas:

  • Bolsa total: Serán beneficiarios/as de bolsa total os/as participantes seleccionados/as que non superen os 9.000,00€ anuais de renda per cápita.
  • Bolsa parcial: Serán beneficiarios/as de bolsa parcial os/as participantes seleccionados/as que superen os 9.000,00€ anuais de renda per cápita. As familias das persoas beneficiarias desta bolsa terán que facer unha achega variable en función da súa renda.
Requisitos:


  • Residir no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal, dende o 1 de setembro de 2016. Tamén serán aceptadas residencias posteriores a esa data e anteriores ao final do prazo de presentación de solicitudes nos casos en que se acredite traslado de domicilio e centro educativo motivado por cambio de localidade de residencia ao Concello da Coruña.
  • Estar matriculado e cursando 4º de ESO ou 1º de bacharelato.
  • Ter obtido no curso anterior, en 3º ou 4º da ESO, unha cualificación media de 6 ou máis puntos e non ter ningunha materia suspensa.
  • Ter obtido no curso anterior, en 3º ou 4º da ESO, unha cualificación de 6 ou máis puntos na materia de lingua/as estranxeira/s pola/s que se queira optar (inglés/portugués/francés/alemán) e estar a cursala/s no curso 2016/2017, agás en portugués, de non se estar a cursar esta materia, a cualificación a valorar será a correspondente á materia de lingua galega e literatura.
Inscrición:
En liña na web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se debe de imprimir. A ficha de solicitude, asinada e a documentación do expediente deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Prazo de solicitude:
Desde o 10/04/2017 ata o 28/04/2017

Contacto:
Servizo Municipal de Educación
Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18, 2º15001- A Coruña
Tel.: 981 184 200 ext. 12038 e 12043
Servizo Municipal de Educación

Máis información en: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...