Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

lunes, 2 de abril de 2018

Convocatoria de bolsas Acoreuropa VII para titulados en FP (3ª convocatoria)


O Concello da Coruña convoca o programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VII (3ª Convocatoria). 
Resultado de imagen de bolsas acoreuropa VII

Nesta terceira convocatoria adxudicaranse 10 bolsas a titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia e Portugal.

O programa está dirixido a titulados en ciclos superiores de FP que acadaron a súa titulación en decembro de 2017 ou xuño de 2018, incluida a FCT (Formación en centros de traballo), e que realizasen os seus estudos en algún dos centros docentes que participan como socios no programa
  • CIFP Anxel Casal
  • CIFP Paseo das Pontes
  • CIFP Someso
  • IES A Sardiñeira
  • IES Fernando Wirtz
  • IES Ramón Menéndez Pidal
  • IES Urbano Lugrís
  • IES Escola de Imaxe e Son
  • IES Eusebio da Guarda

OUTROS REQUISITOS PARA PARTICIPAR:
  • Estar en situación de desemprego ou ter escasa experiencia profesional.

INSCRICIÓN:  
  • O prazo abrirase do 2 ao 27 de abril de 2018. 
  • As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na páxina web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Bolsas ACOREUROPA VII. 3ª CONVOCATORIA; indicando os destinos para os que solicita a súa participación ordenados por preferencia (Ver as bases do programa). 
  • Posteriormente, a documentación do expediente e copia do xustificante da solicitude, asinada pola persoa solicitante (e, no caso de menores de idade, a persoa ou persoas que teñen a súa patria potestade ou tutela), deberá presentarse nos rexistros municipais ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Mesoiro ou Ágora.

DOCUMENTACIÓN: 
  • Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.
  • Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
  • Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).
  • Declaración responsable de estar ó corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias co Concello da Coruña.
  • Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
  • Se é o caso, calqueira título oficial de idiomas.
  • CV Europeo (en inglés)
  • Carta de motivación (en inglés)
  • Application form (en inglés)
  • Os centros educativos presentarán, por cada solicitante que estudase no seu centro, a seguinte documentación: Certificado do expediente académico. Informe da titoría do ciclo formativo ou da dirección do centro docente. 

PROCESO DE SELECCIÓN:
Para facer a selección, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal pola Comisión.

As 10 bolsas distribúense da seguinte maneira:
  • Florencia (Italia): 4 bolsas
  • Lisboa (Portugal): 3 bolsas
  • Cork (Irlanda): 3 bolsas
As movilidades realizaranse de mediados de setembro a mediados de decembro de 2018. 
O órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas.

As bolsas inclúen todos os gastos: 
  • As viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de accidentes e sanitario; e ademáis as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía. 
  • O Concello tamén se encarga da xestión do programa: organización das viaxes, a búsqueda de aloxamentos, a búsqueda das empresas de prácticas, así coma da tramitación da documentación ante o SEPIE.

MÁIS INFORMACIÓN:
Servizo Municipal de Educación (A Coruña)
Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª e 3ª prantas. 15001 A Coruña
Correo-e: educación@coruna.es
Teléfono: 981 184 200 (ext: 12114 e 12038)


ENLACES: 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...