Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

lunes, 13 de marzo de 2017

Probas de acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UNIVERSIDADE DE VIGO 2017-2018

Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de Vigo, para o curso 2017-2018:

O alumnado interesado de 1º bacharelato, ou outras titulacións que aínda non remataran os seus estudos, pode presentarse ás probas físicas desta convocatoria (2017-18) pois, de acadar o APTO, sería válido tamén na convocatoria seguinte (2018-19). 

DATAS DAS PROBAS:
1ª data: 25  de Maio de 2017.
2ª data: 22 de Xuño de 2017.
En caso de quedar prazas vacantes realizarase unha convocatoria o 20 de setembro.

PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:
Para  convocatoria de maio e xuño: Do 10 de marzo ao 20 de abril.
Para a convocatoria de setembro: Do 1 ao 6 de setembro (en caso de quedar prazas vacantes)

TAXAS DE EXAME:
63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás dúas convocatorias.

LUGAR DE EXAME: 
Na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/ 36005, agás a proba de natación, que terá lugar na Piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude)

INSCRICIÓN: 
Os aptos da convocatoria anterior non teñen que presentarse ás probas xa que a cualificación gárdase para o curso seguinte. O APTO gárdase para a convocatoria seguinte, é dicir, este ano tería validez na presente (2017-18) e na seguinte (convocatoria do 2018-19). 
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse e enviar ou entregar o formulario de inscrición na Facultade, xunto cos documentos que se indican nas instrucións para a inscrición.

ENLACES:

PERSOAS CON DISCAPACIDADE:
Poderase adaptar tanto as probas como os protocolos e baremos das probas específicas.

VÍDEO EXPLICATIVO DAS PROBAS: 
Deben superarse con APTO 6 das 7 probas físicas, sendo obrigatorio obter o APTO na 1ª de Habilidades Acuáticas.

1 comentario:

  1. A 2ª data de celebración das probas estaba mal, aparecía o 10 de xuño. Acabo de corrixir coa data correcta (o 22 de xuño), grazas a Fran que me avisou.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...