Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

lunes, 9 de enero de 2017

Convocadas as probas de acceso a ciclos de formación profesional de grao medio e superior en Galicia 2017

Publicouse a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2017.



PRAZOS DE INSCRICIÓN:
  • CICLOS MEDIOS: Entre o 13 e o 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 6 e o 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
REQUISITOS DE INSCRICIÓN:
  • CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2017. 
  • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2017.
NON NECESITAN PROBA: As persoas que posúan un título de Técnico Medio (Ciclo de grao medio) ou BUP teñen acceso directo aos ciclos de grao superior, non necesitan proba de acceso. (Consultar web da Consellería).

CONSULTAR EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: 
Orde do 22 de decembro de 2017. 

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
  • En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación se­cundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro no caso da proba de acceso a ciclos de grao superior).  
  • Via web na seguinte aplicación:   https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición. Poderase cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
DATAS E HORARIOS DA PROBA:

Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.

1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica a seguir:
  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística. 
  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica

2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 20 de abril de 2017 no horario que se indica a seguir:

  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 10.15 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). 
  • Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).

CALENDARIO DAS PROBAS 2017:



OUTRA INFORMACIÓN IMPORTANTE (PENDENTE DE PUBLICACIÓN) PARA ESTA CONVOCATORIA:

Ciclos Medios: 
Ciclos Superiores:

IMPRESOS PARA  INSCRICIÓN NA PROBA:

Impresos proba acceso a Ciclos Medios:
Impresos proba acceso a Ciclos Superiores:

ENLACES PARA INFORMARSE:

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...