Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

sábado, 30 de abril de 2016

Convocadas probas de acceso a ensinanzas artísticas superiores 2016 en Galicia

A Consellería de Educación publicou a convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, para o curso 2016/2017. 

PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do 29 de abril ata o 30 de maio de 2016

REQUISITOS:
Tal e como marca a Resolución do 14 de abril de 2016 cambia o requisito de idade para presentarse ás probas.  
  • Para as ensinanzas superiores de Música: 16 anos cumpridos no 2016.
  • Para as ensinanzas de ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Deseño, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 18 anos cumpridos no 2016. 


INSCRICIÓN:
Lugares de inscrición: na secretaría dos seguintes centros. 

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Para a formalización da inscrición os centros superiores facilitaranlle ás persoas interesadas o modelo de solicitude. Unha vez cuberto entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto cunha copia compulsada do DNI, NIE ou pasaporte. 

DATA, LUGAR E HORARIO DA PROBA:
A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:

– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.


As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

LIGAZÓNS:

Acceso e admisión nas ensinanzas superiores de Música 2016 en Galicia


Publicouse a RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2016/17.


REQUISITOS DE ACCESO:
  • Título de Bacharelato ou Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e superar unha proba específica. No caso de ter materias pendentes de bacharelato é posible realizar as probas e matricularse provisionalmente nas ensinanzas, tendo ata o inicio de curso (comezos de setembro) prazo para acreditar a obtención do título de Bacharelato. 
  • A media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional suporá un 40% da cualificación final da proba de acceso. 
INSCRICIÓN NAS PROBAS:
  • Prazo comprendido entre o 29 de abril e o 6 de xuño de 2016. 
  • A inscrición realizarase na secretaría dos Conservatorios Superiores de Música de Galicia. 
PROBAS: Consultar a Resolución. 

MATRÍCULA:
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.

ENLACES: 



viernes, 29 de abril de 2016

Admisión Arte Dramática 2016 en Galicia

A Consellería de Educación publica as probas específicas de acceso a Arte Dramática en 2016 nesta Resolución do 14 de Abril.
Imaxe da ESAD de Galicia
REQUISITOS DE ACCESO:
  • Título de Bacharelato ou Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • No caso de ter materias pendentes de bacharelato é posible realizar as probas e matricularse provisionalmente nas ensinanzas, tendo ata o inicio de curso (comezos de setembro) prazo para acreditar a obtención do título de Bacharelato. 
INSCRICIÓN:
  • Prazo comprendido entre o 29 de abril e o 14 de xuño de 2016.
  • A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia facilitaralles ás persoas interesadas o modelo para o e. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na Secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda.
PROBAS:

- Proba común a todas as especialidades:
  •  Análise dun fragmento dunha obra literaria. 
  •  Análise dun fragmento dun ensaio teatral. 
- Proba específica según especialidades:
  • INTERPRETACIÓN:  1) Traballo en grupo. 2) Traballo de interpretación. 3) Entrevista persoal.
  • DIRECCIÓN DE ESCENA E DRAMATURXIA: 1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria. 2) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática. 3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia. 4) Proba de dirección de actores. 5) Entrevista persoal.
  • ESCENOGRAFÍA: 1) Realización dun debuxo do natural. 2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto. 3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía. 4) Entrevista persoal.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE ADMITIDOS:
A partir do 8 de xullo.

PROCESO EXTRAORDINARIO DE ACCESO:
No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer un proceso extraordinario de acceso na primeira quincena de setembro.

MATRÍCULA:
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 12 e 22 de xullo.

miércoles, 27 de abril de 2016

Presentación da sesión de orientación académica en 4º de ESO 2016

Premios extraordinarios de bacharelato 2016 en Galicia

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2015-2016.


REQUISITOS:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2015-2016 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos (non se terá en conta Relixión).

PRAZO DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes é de un mes contado a partir do 3 de maio de 2016.

PROCEDIMENTO PARA A SOLICITUDE: 
  • As solicitudes poden realizarse preferiblemente por internet na páxina: https://sede.xunta.es con DNI electrónico e mediante o formulario ED311A.
  • Entregarse en man en calquera rexistro da Xunta de Galicia utilizando o formulario da sede electrónica ou o anexo I (os centros educativos non se consideran rexistros).  

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE: 
  • Formulario de solicitude (Anexo I).
  • Fotocopia DNI ou marcar na solicitude consentimento de verificación dos datos. 
  • O centro enviará a Certificación académica de bacharelato (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de bacharelato recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflicta a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro público en que se atope o expediente académico.
  • O centro enviará o Documento xustificativo da transferencia de datos, impreso por parte da dirección do centro onde se atopa o expediente do alumno.

REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO PREMIO:
O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:

1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas:
1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente. 

2. Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:
2.1. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes: bioloxía, debuxo artístico II, física, historia da arte, historia da música e da danza, latín II, literatura universal, matemáticas II, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, química, técnicas de expresión gráfico-plástica e xeografía.
2.2. O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza e obtivese o título de bacharelato despois de superar as materias comúns do bacharelato, desenvolverán temas, respostas e cuestións e/ou exercicios prácticos da materia de historia da música e da danza.

NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS PREMIOS: 

1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2016-2017.

viernes, 22 de abril de 2016

Presentación sobre a organización da PAU 2016 en Galicia e preinscripción na universidade.

Convocadas oposiciones 2016 a Policía Nacional Escala Básica



PLAZAS CONVOCADAS: 
Se convocan 2615 plazas, de las cuales 522 son para militares profesionales de tropa y marinería y las 2093 restantes son para ingreso libre.

FASES DEL PROCEDIMIENTO SELECTIVO:
A) Oposición: Pruebas de carácter eliminatorio. 
  • 1ª Prueba: Aptitud física
  • 2ª Prueba de conocimientos y ortografía
  • 3ª Prueba: Reconocimiento médico, entrevista personal y tests psicotécnicos.
  • Ejercicio voluntario de idioma
B) Curso de Formación. 
C) Módulo de formación práctica.

REQUISITOS DE LOS ASPIRANTES:
a) Tener la nacionalidad española. 
b) Tener cumplidos 18 años de edad y no exceder de la edad máxima de jubilación. 
c) No haber sido condenado por delito doloso, ni separado del servicio del Estado, de la Administración Autonómica, Local o Institucional, ni hallarse inhabilitado para el ejercicio de funciones públicas. 
d) No hallarse incluido en ninguna de las causas de exclusión física o psíquica que impidan o menoscaben la capacidad funcional u operativa necesaria para el desempeño de las tareas propias de la Policía Nacional que vienen establecidas en el Anexo III de esta convocatoria. 
e) Compromiso de portar armas y, en su caso, llegar a utilizarlas, que se prestará a través de declaración del solicitante. 
f) Tener una estatura mínima de 1,65 metros los hombres y 1,60 las mujeres. 
g) Estar en posesión del permiso de conducción de la clase B. 
h) Estar en posesión del título de Bachiller o equivalente (Por ejemplo Ciclo de grado medio de FP - Enlace al BOE para ver equivalencias con Bachiller y enlace al BOE con modificaciones).

PLAZO DE INSCRIPCIÓN:  20 días naturales a contar desde el 22 de abril de 2016.

PROCEDIMIENTO PARA LA SOLICITUD DE ADMISIÓN:   http://www.policia.es, eligiendo en «procesos selectivos» la opción «instancias» «Escala Básica» y siguiendo las instrucciones que se le indiquen. Ver convocatoria BOE todas las instrucciones

TASA POR DERECHOS DE EXAMEN: 14´97 euros. 

ENLACES:

Guia de recursos para orientarse "Ti Elixes! 2016"

Comparto a guia de orientación actualizada "Ti Elixes!". Trátase dunha guia que ven elaborando o CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil) do Concello de A Coruña dende hai moitos anos. Esta é a última versión actualizada a día 30 de marzo. 

A Guia Ti Elixes! 2016 é un recurso imprescincible para orientarse en educación e emprego. Nela atoparás un enorme directorio coas fontes de información sobre emprego e educación máis destacadas, así como unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas. Todas as direccións web que aporta a guia conteñen un enlace para acceder directamente ao recurso. 

A Guia Ti Elixes! 2016 contén:

1. Información sobre Emprego:

  • Onde informarse
  • Programas de emprego
  • Plan Nacional de Implantación da Garantía Xuvenil
  • Atopar traballo na rede
  • Empresas de Traballo Temporal
  • Emprego público
  • Traballar na UE
  • Emprendemento

2. Información sobre Educación:

  • Directorio de recursos
  • Universidades 
  • Información sobre bolsas
  • Convocatorias de bolsas
Descarga a guia pinchando
na imaxe ou neste enlace.

lunes, 18 de abril de 2016

Convocadas probas libres de obtención de títulos de FP LOE no 2016 en Galicia

A Conselleria de Educación convocou as Probas de obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de FP LOE na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2016.
O obxectivo destas probas é que as persoas participantes obteñan directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren que alcanzaron os obxectivos establecidos no currículo correspondente.

REQUISITOS XERAIS DOS PARTICIPANTES:
    • Ter 18 anos, para os títulos de técnico.
    • Ter 20 anos, para os títulos de técnico superior, ou 19 no caso de posuír xa o título de técnico.
    • Non estar matriculado/a en ciclos de FP nin ter causado baixa no presente curso académico.
    • Excepcionalmente, logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, poidan acreditar experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
    • Excepcionalmente tamén poderán acceder ás probas as persoas matriculadas polo réxime de adultos para a superación de módulos do mesmo ciclos, sempre que os teñan suspensos de dous cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles.
      PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 18 ao 29 de abril de 2016 ata as 13´00h. Matrícula para módulos de ciclos con prazas liberadas: do 25 ao 31 de maio. 

      LUGAR DE ENTREGA DE SOLICITUDES: Na secretaría de calquera centro onde se oferten as probas libres.

      RELACIÓN DE CICLOS E PRAZAS OBXETO DESTA CONVOCATORIA:
      ENLACE PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN


      domingo, 10 de abril de 2016

      Criterios de promoción e titulación en ESO LOMCE Galicia

      Documento que resume a lexislación sobre os criterios de promoción e titulación en ESO según a LOMCE, dirixido ao profesorado.

      Algo se mueve en Sardiñeira

      Desde el curso pasado el alumnado del IES A Sardiñeira merece una pequeña mención en el mundo del periodismo,  por llevar a cabo una magnífica radio escolar. Aunque comenzó su "andaina" en 2012, con la "Escuela de periodismo",  su principal actividad se desarrolla desde el curso pasado con la participación del alumnado de 1º y 2º de ESO, bajo la coordinación de nuestra compañera Telma y con el nombre de "RADIO RES". 

      Anuncio "Escola de xornalismo"

      Blog da radio escolar IES A Sardiñeira

      Primer programa "Radio Res" curso 2015/2016

      lunes, 4 de abril de 2016

      Orientacións para a elaboración do plan de convivencia

      A Consellería de Educación publica nestes días un documento de apoio para a elaboración do plan de convivencia no centro.


      Protocolo integral de protección de datos personais e identidade dixital

      A Consellería de Educación publica nestes días o seguinte protocolo de protección de datos que presenta pautas dirixidas a toda a comunidade educativa, de cara a dar maior seguridade xurídica na xestión e tratamento de todos os datos persoais.

      domingo, 3 de abril de 2016

      Contidos das materias de Bacharelato LOMCE (Galicia)

      Documento resumo dos itinerarios de cada curso e do contido dalgunhas materias de BACHARELATO LOMCE en Galicia. 
      Itinerarios e contidos das materias de bacharelato LOMCE

      1. ENLACE para descargar o documento en PDF.


      2. ENLACE para descargar da web da Consellería o currículum completo cada materia de BACHARELATO LOMCE.

      3. ENLACES DIRECTOS ao currículum de cada materia de BACHARELATO LOMCE (publicados na web da Consellería):

      Materias de libre configuración autonómica
      Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...