Comparto a nova edición da guia de orientación actualizada "Ti Elixes!". Trátase dunha guia que ven elaborando o CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil) do Concello de A Coruña dende hai moitos anos, con motivo das Xornadas de Orientación de Orientación Universitaria e Profesional. Esta é a última versión actualizada a día 31 de marzo de 2017.
A Guia Ti Elixes! 2017 é un recurso imprescincible para orientarse en educación e emprego. Nela atoparás un enorme directorio coas fontes de información sobre emprego e educación máis destacadas, así como unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas. Todas as direccións web que aporta a guia conteñen un enlace para acceder directamente ao recurso.
A Guia Ti Elixes! 2017 contén:
1. Información sobre Emprego:
- Onde informarse
- Programas de emprego
- Plan Nacional de Implantación da Garantía Xuvenil
- Atopar traballo na rede
- Empresas de Traballo Temporal
- Emprego público
- Traballar na UE
- Emprendemento
2. Información sobre Educación:
- Directorio de recursos
- Universidades
- Información sobre bolsas
- Convocatorias de bolsas
No hay comentarios:
Publicar un comentario