Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

sábado, 27 de septiembre de 2014

PREVENCIÓN DEL ABUSO SEXUAL A NIÑOS, NIÑAS Y ADOLESCENTES: GUIA PARA PADRES Y MADRES

Excelente guia para padres sobre prevención de abuso sexual infantil y adolescente, editado por la Fundación Márgenes y Vínculos, de Cádiz. 
Ofrece pautas sobre cómo detectar el abuso sexual, qué hacer cuando un niño cuenta que ha sufrido abuso sexual o cómo intervenir de forma legal. 





PINCHA EN CUALQUIERA DE LAS IMÁGENES 
PARA DESCARGAR LA GUIA


jueves, 25 de septiembre de 2014

CUADERNOS DE TUTORÍA PARA 1º Y 2º DE ESO

Cuadernos de tutoría con actividades para 1º y 2º de ESO, publicados por la Junta de Andalucía.

Pincha en el recorte para descargarlo

Pincha en el recorte para descagarlo

CUADERNO DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

Un cuaderno más de técnicas de estudio, donde se resumen las principales técnicas de estudio, con la peculiaridad de que incluye un apartado con pautas para el estudio de algunas materias. Adecuado para la ESO.


PINCHA EN LA IMAGEN PARA DESCARGARLO EN PDF

ASPERGER: ESTRATEGIAS DE INTERVENCIÓN EN EL ÁMBITO EDUCATIVO

Práctico documento elaborado por Juan de Dios Raya Ramos (EOE Jaén) con estrategias muy prácticas para la intervención en el aula con alumnos con Síndrome de Asperger.


PINCHA EN LA IMAGEN PARA DESCARGAR EL PDF

CINE PARA CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Documento elaborado por Ángel Gonzalvo Vallespí donde recoge una amplia selección de películas con una propuesta didáctica para plantear en grupos de alumnos de Formación Profesional, en los módulos relacionados con orientación laboral, como FOL, Proyecto y empresa. Una buena herramienta de trabajo para dar a conocer a los alumnos todo el entramado laboral de una forma diferente al uso del libro de texto. 

PINCHA EN LA IMAGEN PARA DESCARGAR EL ARCHIVO EN PDF

lunes, 22 de septiembre de 2014

ORGANIZACIÓN DAS ENSINANZAS DE ADULTOS EN GALICIA

En que consisten as ensinanzas para adultos?
  • Trátase dunha formación pública e gratuíta dirixida a calquera persoa que teña cumpridos os 18 anos e que abandonaron o sistema educativo sen obter a titulación básica.
  • Estas ensinanzas organízanse de xeito algo diferente, tanto nas áreas impartidas como no horario. A titulación acadada é a mesma que nas ensinanzas ordinarias.
  • Poden ser presenciais, semipresenciais ou a distancia.


Que tipo de oferta hai?

1. Ensinanzas de nivel I: dirixidas a persoas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo. 

2. Ensinanzas de nivel II: dirixidas a persoas sen titulación que desexen acceder á educación secundaria de adultos. Esta formación é equivalente á educación primaria.

3. Ensinanzas de nivel III: dirixidas a persoas sen titulación que desexen obter o título de graduado en educación secundaria. Neste caso autorízase a matrícula a alumnos menores de 18 anos, en casos excepcionais, como ter un contrato laboral, ser deportista de alto rendemento, ter superado o 1º curso dun PCPI, ou ter cursado un PCPI sen superalo (pero hai que estar inscrito como demandante de emprego nunha oficina de emprego). Son as ensinanzas coñecidas como ESA. 

4. Bacharelato para persoas adultas: dirixidas ás persoas que teñan o título de ESO ou ESA, e que desexen adquirir novos coñecementos nunha determinada materia ou obter o título de bacharel en calquera das modalidades.

5. Ciclos formativos para persoas adultas: esta formación pretende facilitar ás persoas adultas a súa actualización, adquirindo novos coñecementos nunha determinada competencia profesional, ou para obter o título de técnico ou técnico Superior.

6. Aulas Mentor: cursos impartidos a distancia orientados a mellorar a capacitación profesional e a formación cultural das persoas adultas.

7. Galego e castelán para persoas inmigrantes: dirixido a cidadáns doutros países, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que necesiten coñecer as linguas oficiais. Estas ensinanzas impártense nos centros de adultos, en grupos reducidos, cunha duración de 10 períodos lectivos semanais distribuídos en horarios adaptados ás posibilidades de asistencia dos alumnos.

8. Probas de obtención de títulos: Estas probas convócanse anualmente co obxectivo de que as persoas maiores de 18 anos / 20 anos poidan acadar as titulacións de Educación Secundaria, Bacharelato e ciclos de FP por libre mediante un exame que avaliará os contidos básicos destas ensinanzas. 


A Educación Secundaria de Adultos (ESA): 

Como se organiza?
Estas ensinanzas son equivalentes ás da ESO. As materias organízanse en tres ámbitos de coñecemento:
1º Social: inclúe contidos de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía, e os aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual e Música.
3º Comunicación: Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, 1ª Lingua Estranxeira.
4º Científico—tecnolóxico: inclúe contidos de Tecnoloxías, Matemáticas, Ciencias da Natureza, e os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural de Educación Física. 


Que duración ten?
Xeralmente duran 2 cursos académicos.En cada curso pódese cursar dous módulos, cunha duración cuadrimestral. Cada módulo correspóndese cun curso de ESO, quedando do seguinte xeito:
  • No 1º ano impártese: módulo 1 (1º de ESO) e módulo 2 (2º de ESO)
  • No 2º ano impártese: módulo 3 (3º de ESO) e módulo 4 (4º de ESO).
Poderás permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o teu ritmo de aprendizaxe o precise. Non hai límite de tempo.


Cales son os requisitos de acceso?
Para acceder ós módulos 1 e 2, hai que cumprir un dos seguintes requisitos:
  • Ter superado o nivel II (Educación Primaria) das ensinanzas de adultos.
  • Por validación de estudos (ter o certificado de estudos correspondente - aprobada a Educación Primaria)
  • No caso de non poder acreditar estudos anteriores superar unha proba de avaliación inicial.
Para acceder ós módulos 3 e 4, hai que estar nalgunha das seguintes condicións:
  • Ter superado os módulos 1 e 2 de ESA.
  • Ter superados o 1º e 2º cursos de ESO, ou alomenos algún grupo de materias de 1º e 2º para poder validar algún ámbito dos módulos 1 e 2 de ESA. 
  • Superar os módulos obrigatorios do 1º curso dun PCPI. 
  • No caso de non poder acreditar estudos anteriores superar unha proba de avaliación inicial. 
No primeiro cuadrimestre (que se imparte de setembro a xaneiro) poden matricularse todas as persoas que cumpran dezaoito anos ata o 31 de decembro. Para o segundo cuadrimestre (que se imparte de febreiro a xuño), poden matricularse os que cumpran dezaoito anos ata o 30 de abril.

Que horario teñen estas ensinanzas?
  • Terás ó redor de 20 horas semanais, que normalmente impártense en horario de tarde.
  • Na modalidade semipresencial é obrigatoria a asistencia ás titorías de cada ámbito (unha hora semanal para o ámbito social, dúas sesións lectivas para o ámbito de comunicación e outras dúas para o ámbito científico­-tecnolóxico). A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente.
Cando solicito praza? (datas aproximadas)
Modalidade presencial:

  • 1 –10 de setembro para o primeiro cuadrimestre.
  • 8 –15 de xaneiro para o segundo cuadrimestre.
Modalidade a distancia semipresencial e telemática:
  • 1 de Setembro – 15 de xaneiro para o primeiro cuadrimestre.
  • 3 de Febreiro – 15 de maio para o segundo cuadrimestre.
Onde se ofertan estas ensinanzas?

O Bacharelato para Persoas Adultas 

Como se organizan estas ensinanzas?
  • Ofértanse dúas modalidades de Bacharelato: humanidades e ciencias sociais, ciencias e tecnoloxía.
  • Poden seguirse como curso completo ou por materias de xeito independente.
  • Se optas por seguir materias de xeito independente poderán cursarse, simultaneamente materias do 1º e do 2º curso.
  • Na modalidade semipresencial, esíxese a asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia (unha hora semanal por cada materia que se curse).
  • A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente e os exames poden realizarse nas sete principais cidades galegas: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, realizarse en Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Canto duran?
  • O tempo de permanencia para cursar estas ensinanzas é de 6 anos académicos ( o tempo de permanencia no Bacharelato ordinario é de 4 anos).
  • No caso de esgotar o 6 anos sen acadar os obxectivos previstos, os alumnos poderán seguir cursando as materias pendentes a través do réxime de ensinanza a distancia ata completaren a formación desexada.
Que requisitos de acceso hai?
Para acceder debes estar nalgunha das seguintes condicións:
  • Posuír o título de graduado en educación secundaria
  • Posuír o título de técnico nalgún dos Ciclos de grao Medio.
Onde se ofertan estes estudos?
Datas para a matrícula:
  • Modalidade presencial: 1 – 12 de setembro. 
  • Modalidade a distancia semipresencial: 1 – 12 de setembro. 
  • Modalidade a distancia telemática: 15 de setembro – 21 de novembro (a dirección do IES San Clemente poderá autorizar a matrículación ata o 30 de abril por razóns xustificadas).

Os Ciclos Formativos para Persoas Adultas 

Como se organizan?
  • Estas ensinanzas poden cursarse por ciclo completo ou de forma parcial por módulos (Oferta modular) 
  • Se optas por cursar módulos de xeito parcial, poderás matricularte tanto de módulos de 1º como de 2º curso.
Canto duran estas ensinanzas?
  • Non hai limitación de tempo. Podes cursalas o tempo que o necesites.
Cales son os requisitos de acceso?

  • Os mesmos que para os Ciclos na modalidade ordinaria.
  • Excepcionalmente podes acceder con 16 anos se acreditas a túa condición de traballador e cumpres os requisitos académicos de acceso.
Cal é a oferta de Ciclos Formativos de FP de adultos?

Aulas Mentor 

Que son e a quen van dirixidas?
  • Ensinanzas non regradas para persoas adultas, abertas, flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet. Esta oferta formativa permite actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica. 
  • Están dirixidos a persoas maiores de 18 anos que desexen formarse para acceder a un posto de traballo ou aumentar o seu nivel cultural. 
  • Non se require titulación previa.
Como se organizan e que acreditación se acada?
  • As aulas onde se realizan as actividades de formación dispoñen de recursos tecnolóxicos avanzados, así como de un profesor-administrador que axuda aos alumnos nas súas conexións á rede e na comunicación co seu titor. 
  • O alumno recibe unha conta de conexión gratuíta a internet e non necesita asistir á aula, excepto para realizar a proba final presencial. 
  • Os cursos poden iniciarse calquera día do ano escolar e cada alumno segue o seu propio ritmo de aprendizaxe. 
  • O titor non está na aula, comunícase co alumno por correo electrónico e contesta en 24 horas a todas as dúbidas.
  • Ao superar o curso, o alumno recibe unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación. 

Cal é a oferta destas ensinanzas?:

Castelán e Galego para inmigrantes.

Ensinanzas destinadas a cidadáns doutros países, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que necesiten coñecer as linguas oficiais. Estas ensinanzas impártense nos centros de adultos, en grupos reducidos, cunha duración de 10 períodos lectivos semanais distribuídos en horarios adaptados ás posibilidades de asistencia dos alumnos. Consulta neste enlace a oferta destas ensinanzas


As ensinanzas de adultos na modalidade semipresencial e a distancia.

En que consisten?
  • Son as ensinanzas de adultos que permiten realizar os estudos na casa sen a necesidade de acudir diariamente a un centro educativo.
  • Disponse de axuda ou de apoio a través de titorías individuais e colectivas, nas que aconsellan e orientan nas dificultades atopadas.
  • Esixen un grao de responsabilidade e organización maior que nas ensinanzas presenciais, e aínda así , teñen o risco de abandono, por non ter que acudir diariamente ó centro.
  • Estas ensinanzas son gratuítas. Solo hai que mercar o material didáctico (textos, guías, conexión a internet, ...).
Que oferta hai?
Como xa se sinalou anteriormente:

  • Nivel III ou educación secundaria para persoas adultas.
  • Bacharelato
  • Ciclos formativos de formación profesional.

Probas de obtención de títulos.
Consulta nos seguintes enlaces estas probas:



PROGRAMAS DE ENRIQUECIMIENTO Y DESARROLLO COGNITIVO ALTAS CAPACIDADES

Propuesta de Programa de Enriquecimiento Curricular para alumnado con altas capacidades elaborada por el Equipo Específico de Altas Capacidades de la Delegación Provincial de Educación de Málaga.



domingo, 21 de septiembre de 2014

EN QUE CHE PODE AXUDAR O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO TEU CENTRO?

Folleto informativo descargable no que se pretende informar ao alumnado das principais funcións que ten o Departamento de Orientación do seu centro:

PINCHA NA IMAXE PARA DESGARGAR O FOLLETO

RECOPILACIÓN DE LEXISLACIÓN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E ORIENTACIÓN EDUCATIVA

Presento nesta entrada un documento recopilatorio de lexislación relacionada coa Atención á Diversidade e a Orientación Educativa na Comunidade Autónoma de Galicia, por Alicia Guerrero Seijas (Documento pechado en marzo de 2015):


PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO DOCUMENTO



PRESENTACIÓN SOBRE AS REPOSTAS EDUCATIVAS PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

PRESENTACIÓN - TUTORIAL EN PREZZI SOBRE AS RESPOSTAS EDUCATIVAS PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, por  Departamento de Organización Escolar e Diversidade CAFI (Yolanda Barallobre, Marta C. Romeo y Estela Míguez), Xunta de Galicia. 


viernes, 19 de septiembre de 2014

CÓMIC SOBRE CÓMO HACER FRENTE A LA PRESIÓN DEL GRUPO

Buen recurso para trabajar con adolescentes la presión y la influencia del grupo de iguales. A través de un cómic se van dando pautas y orientaciones para fortalecer la asertividad y no dejarse vencer por la presión del grupo. 
Aborda diferentes situaciones conflictivas donde el chico/a debe decidir actuar con asertividad o dejarse llevar por lo que propone la mayoría. 
  • Enero. ¡Soy un tío raro! 
  • Febrero. No quiero fumar, no quiero fumar... 
  • Marzo. Yo paso 
  • Abril. Vacaciones de Semana Santa 
  • Mayo. ¿Bajas? 
  • Junio. A Edu le gusta rocío, a Edu le gusta rocío... 
  • Julio. Operación bikini. 
  • Agosto. Un ambiente tenso.
  • Septiembre. Amigo del facebook.
  • Octubre. De fiesta toda la noche 
  • Noviembre. Si tú no pones dinero, no nos llega para... 
  • Diciembre. ¡Viva la presión de los buenos amigos y amigas!


jueves, 18 de septiembre de 2014

GUIA DE RECURSOS PARA ALUMNOS CON ALTAS CAPACIDADES

Guia de materiales y recursos para alumnado de Educación Secundaria con altas capacidades. Incluye enlaces a recursos en todas las materias. Por la Consejería de Educación de Castilla La Mancha. 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...