Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

miércoles, 17 de mayo de 2017

Instrucións de acceso ós estudos superiores de Deseño 2017

Resultado de imagen de diseño grafico

Publicáronse as normas de acceso e admisión nos Estudos Superiores de Deseño de Moda, Produtos, Interiores e Gráfico nas escolas de Artes de Galicia para o curso 2017-2018.


REQUISITOS DE ACCESO: 


Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
  • Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido; deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro.
  • Título de licenciado ou graduado universitario.
  • Ter un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas. 
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • En caso de non cumprir requisitos académicos e ter 18 anos superar unha proba de accesoENLACE.
Superar unha proba específica de aptitudes:
  • Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. 
  • De conformidade co establecido no artigo 4.1 e 4.2 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Deseño terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores, e terá carácter unificado para todos os aspirantes.
  • A superación da proba sólo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.
INSCRICIÓN NAS ENSINANZAS E NA PROBA ESPECÍFICA:
  • A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, no prazo comprendido entre o 17 de maio e o 9 de xuño de 2017.
  • Os aspirantes con algunha discapacidade poderán solicitar unha adaptación da proba. 
  • Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel. 

PROBA ESPECÍFICA:
Celebrarase o 22 de xuño de 2017 na ESAD Pablo Picasso de A Coruña.

1ª Parte da proba: 
a) A historia das artes en xeral.
b) A historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral. 

c) O deseño na especialidade que se aspira a cursar.

2ª Parte. 
  • Durante un máximo de catro horas, os aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo: – 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar, proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A4. 
  • 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas aos estudos que se aspira a cursar, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...